Wednesday 15 de May de 2024

Os maiores do obradoiro Mente Activa comparten as súas vivencias sobre o Nadal co alumnado de 2º da ESO do IES Brión


 

Os maiores do obradoiro Mente Activa do Concello de Brión veñen visitar o IES de Brión, onde se reuniron cos nenos e nenas de 2º da ESO para compartir con eles como se celebraba o Nadal nos seus tempos. A monitora dos obradoiros, Elena Remesar, explica que “este encontro interexeracional foi un éxito e pasárono moi ben porque, aínda que o tema era o Nadal, tiñan tantas cousas interesantes das que falar que quedamos de volver outro día”. Os obradoiros Mente Activa, canda os cursos de ximnasia de mantemento, son dúas actividades promovidas polo Concello de Brión para favorecer un envellecemento activo.